Home

SXDocumental

Project Admins:

Título: SISTEMA DE XESTIÓN INTELIXENTE DA INFORMACIÓN PARA MEDIOS DE COMUNICACIÓN

Para dar unha resposta a estas necesidades Radio Vigo, líder e promotor do proxecto, vai contar coa colaboración como socio tecnolóxico de Galseg Seguridad Informática. Mentres que Radio Vigo é responsable da identificación dos requisitos, modelo de negocio global, implantación e validación do sistema, Galseg será o responsable da realización práctica do Sistema de Xestión Documental Intelixente seguindo as directrices marcadas pola nosa empresa. O sistema a desenvolver baséase na utilización de TECNOLOXÍAS SEMÁNTICAS o que abre as portas á reutilización de contidos e fontes de información existentes na rede (a través de repositorios públicos Linked Data como a DBPedia ou FreeBase) e o enriquecemento semántico das noticias almacenadas con esta información. Asemade, o uso de potentes motores de inferencia e regras lóxicas vainos permitir establecer relacións contextualizadas entre os contidos das noticias almacenadas na hemeroteca, contribuíndo deste modo á mellora dos procesos de busca no arquivo de activos dixitais da empresa.

Patrocinadores:

  • S. Xeral de Modernización
  • Fondos FEDER

Desenvolvedores:

  • RADIO VIGO
  • GALSEG seguridad Informática
  • Universidade de Vigo