Home

Plataforma aprendizaxe familia

Proxecto: "Control do progreso do alumnado en educación infantil e Plataforma de aprendizaxe en familia a través de iTV"

Resumo:
Este proxecto busca impulsar a utilización dos servizos TIC na educación infantil a través do uso da TELEVISIÓN INTERACTIVA como medio para fornecer a APRENDIZAXE EN FAMILIA, SEGUIR O CONTROL DO PROGRESO DOS NENOS NA AULA e FACILITAR O ACCESO AOS SERVIZOS TIC OFRECIDOS POLO PORTAL ESCOLASINFANTIS.NET DENDE O SALÓN DO FOGAR. Para lograr estes obxectivos desenvolveuse un cliente SW para HTPC, construído en base a ferramentas FLOSS, que permite integrar a visualización tradicional da TV coa provisión de servizos educativos accesibles a través do mando a distancia. Como resultado das actuacións levadas a cabo baixo este proxecto creouse un entorno virtual único no que o neno/a pode aprender mentres xoga baixo a guía dos seus pais, á vez que estes poden, dende a comodidade do salón da casa, recibir consellos sobre a crianza dos seus fillos, seguir os seus progresos, enviar dúbidas a especialistas ou mesmo consultar as actividades feitas polo neno na escola.

Servizos:
A. BLOGUE DA ESCOLA
B. RECURSOS EDUCATIVOS
C. VIDEOS E CONSELLOS
D. FOLLA DE CONTROL DIARIO
E. PORTFOLIO ELECTRÓNICO DO NENO
F. MENÚ DO CENTRO
G. AVISOS E RECORDATORIOS
H. NOVAS SOBRE EDUCACIÓN INFANTIL
I. INFORMACIÓN SOBRE OS CENTROS